Laurie Anderson

Laurie Anderson, nada en Glen Ellyn, Illinois, o 5 de xuño de 1947, é unha música, poeta, debuxante e artista experimental estadounidense de performance, que combina música minimalista, diapositivas e reflexións irónicas sobre a linguaxe, a política norteamericana, o rol dos sexos e a civilización occidental moderna no seu conxunto. Inventou varios instrumentos, entre eles o violín de arco de cinta, o cal ten un cabezal magnético no canto de cordas, unha cinta de son en lugar dos pelos do arco, e un traxe con sensores que disparan diversos sons de batería electrónica. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 5 results of 5 for search 'Anderson, Laurie,', tempo de consulta: 0.04s Limitar resultados