Sen Resultados!

A súa procura - Vasubandhu - Non coincide ningún recurso.

Vasubandhu

Vasubandhu (en ; en ; en pinyin Shìqīn; en Wylie dbyig gnyen), nado en Purusapura e que viviu nos séculos IV e V, foi un influente monxe budista e estudoso de Gandhara. Foi un filósofo que escribiu comentarios sobre o Abhidharma dende as perspectivas das escolas Sarvastivada e Sautrāntika. Trala súa conversión ao budismo mahayana xunto co seu medio irmán, Asanga, foi un dos principais fundadores da escola Yogacara.

O ''Abhidharmakośakārikā'' ("Comentario sobre a Antoloxía do Abhidharma") de Vasubandhu é moi empregado no budismo tibetano e do leste de Asia como a principal fonte para a filosofía Abhidharma non Mahayana. O traballo filosófico describiu os estándares da metafísica yogacara de "so aparencia" (''vijñapti-mātra''), que foi descrito como forma de "idealismo epistemolóxico", fenomenoloxía e próximo ao idealismo transcendental de Immanuel Kant. Ademais deste, escribiu varios comentarios, obras sobre lóxica, argumentacións e poesía devota.

Vasubandhu é un dos pensadores máis importantes da tradición filosófica budista india. No Jōdo Shinshū, está considerado o Segundo Patriarca; no budismo Chan, é o 21.º Patriarca. Provided by Wikipedia