Gottfried Wilhelm Leibniz

Gottfried Leibniz}} |lugar_nacemento = Leipzig,
25px Sacro Imperio Romano Xermánico |morte = (70 anos) |lugar_morte = Hannover,
25px Sacro Imperio Romano Xermánico |residencia = |nacionalidade = |cónxuxe = |etnia = |campo = Filosofía, Matemáticas e Política. |alma_máter = |director_tese = |alumnos_tese = |coñecido = Regra do produto
Cálculo Integral. |influíu = Christian Wolff
Tetens
Maupertuis
Giambattista Vico
Ernst Platner
Boscovich
Charles Bonnet
Denis Diderot
David Hume
Edmund Husserl
Immanuel Kant
Gabriel Wagner
Bonald
Bertrand Russell
Holmes
Bernardino Varisco
Gregory Chaitin
Kurt Gödel
Martin Heidegger
Lyndon LaRouche
Émilie du Châtelet
Frobenius
Friedrich Nietzsche
Félix Ravaisson-Mollien
Henri Bergson
Nicholas Rescher
Gilles Deleuze
Gabriel Tarde
Theodor W. Adorno. |influído = Biblia
Platón
Aristóteles
Plotino
Agostiño de Hipona
Escolástica
Tomé de Aquino
Nicolás de Cusa
Francisco Suárez
Giordano Bruno
René Descartes
Thomas Hobbes
Giovanni Pico della Mirandola
Jakob Thomasius
Pierre Gassendi
Nicolas Malebranche
Baruch de Spinoza
Jacques-Bénigne Bossuet
Blaise Pascal
Christiaan Huygens
Jakob Bernoulli
Erhard Weigel
Gabriel Wagner
Nicolas Steno
Ramon Llull
Confucio |premios = |relixión = |sinatura = Leibnitz signature.svg |notas = }} Gottfried Wilhelm von Leibniz, nado en Leipzig o 1 de xullo de 1646 e finado en Hannover o 14 de novembro de 1716, foi un polímata filósofo, científico, matemático, diplomático e bibliotecario alemán, un dos grandes pensadores dos séculos XVII e XVIII, e recoñéceselle como o «último xenio universal», isto é, a última persoa que puido formarse suficientemente en todos os campos do coñecemento; despois xa só houbo especialistas. Realizou profundas e importantes contribucións nas áreas da metafísica, epistemoloxía, lóxica, filosofía da relixión, así como na matemática, física, xeoloxía, xurisprudencia e historia. Incluso Denis Diderot, o filósofo deísta francés do século século XVIII, cuxas opinións non poderían estar en maior oposición ás de Leibniz, non podía evitar sentirse sobrecollido ante os seus logros, e escribiu na ''Encyclopédie'': «Quizais nunca haxa un home que lese tanto, estudado tanto, meditado máis e escrito máis que Leibniz… O que elaborou sobre o mundo, sobre Deus, a natureza e a alma é da máis sublime elocuencia. Se as súas ideas fosen expresadas co olfacto de Platón, o filósofo de Leipzig non cedería en nada ao filósofo de Atenas».

De feito, o ton de Diderot é case de desesperanza noutra observación, que contén igualmente moita verdade: «Cando un compara os seus talentos cos de Leibniz, un ten a tentación de tirar todos os seus libros e ir morrer silenciosamente na escuridade dalgún recuncho esquecido». A reverencia de Diderot contrasta cos ataques que outro importante filósofo, Voltaire, lanzaría contra o pensamento filosófico de Leibniz, consecuencia do aprecio que sentía por Newton e do desprezo que sentía polo optimismo en que desembocaba o seu sistema filosófico. A pesar de recoñecer a vastedade da obra deste, Voltaire sostiña que en toda ela non había nada útil que fose orixinal, nin nada orixinal que non fose absurdo e risible.

Ocupa un lugar igualmente importante tanto na historia da filosofía como na da matemática. De maneira independente ao traballo de Newton (quen o desenvolvera 10 anos antes pero non o publicara debido ao seu trauma pola crítica que unha vez lle fixera Robert Hooke) desenvolveu o cálculo infinitesimal e a súa notación que é a que se emprega desde entón. Tamén inventou o sistema binario, fundamento virtual de todas as arquitecturas das computadoras actuais. Foi un dos primeiros intelectuais europeos que recoñeceron o valor e a importancia do pensamento chinés e de China como potencia desde todos os puntos de vista.

René Descartes, Baruch de Spinoza e Leibniz integran a terna dos tres grandes racionalistas do século XVII. A súa filosofía vincúlase tamén coa tradición escolástica e anticipa a lóxica moderna e a filosofía analítica. Leibniz fixo así mesmo contribucións á tecnoloxía e anticipou nocións que apareceron moito máis tarde en bioloxía, medicina, xeoloxía, teoría da probabilidade, psicoloxía, enxeñería e ciencias da computación. As súas contribucións a esta vasta lista de temas recóllese en diarios e en decenas de miles de cartas e manuscritos inéditos. Ata o momento, non se realizou unha edición completa dos seus escritos, e por iso non é posible aínda facer un reconto integral dos seus logros.

Acredítaselle a creación do termo "función" (1694), que usou para describir unha cantidade relacionada cunha curva, como por exemplo a inclinación dunha curva ou un punto calquera dunha curva. En xeral, xunto con Newton, considérase a Leibniz como protagonista do desenvolvemento do cálculo moderno; en particular polo seu desenvolvemento do cálculo Integral e da regra do produto.

Demostrou xenialidade tamén nos campos da lei, relixión, política, historia, literatura, lóxica, metafísica e filosofía. Foi o primeiro en comprender que a anatomía da lóxica -as leis do pensamento- é un asunto de análise combinatoria. Na súa visión da existencia dunha “característica universal”, Leibniz atopábase dous séculos por diante, no que concirne á matemática e á lóxica. A unión nun único cerebro, da máis alta habilidade en dous amplos dominios do pensamento matemático, o analítico e o combinatorio, ou o continuo e o descontinuo, non ten precedentes nin antes nin despois de Leibniz. Foi o único home na historia da matemática, que tivo estas dúas calidades de pensamento nun grao superlativo. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 38 for search 'Leibniz, Gottfried Wilhelm,', tempo de consulta: 0.04s Limitar resultados