Georg Wilhelm Friedrich Hegel

A casa natal de Hegel en [[Stuttgart Georg Wilhelm Friedrich Hegel, nado en Stuttgart (Baden-Württemberg) o 27 de agosto de 1770 e finado o 14 de novembro de 1831 en Berlín, foi un filósofo alemán e un importante persoeiro do idealismo alemán. Acadou gran sona no seu tempo e, aínda que influíu principalmente na tradición continental da filosofía, volveuse tamén cada vez máis influente na tradición analítica. Aínda que segue a ser unha figura divisiva, a súa importancia canónica dentro da filosofía occidental é recoñecida de xeito universal.

O seu principal logro é o desenvolvemento da distintiva articulación do idealismo, ás veces denominado «idealismo absoluto», na que se superan os dualismos de, por exemplo, a mente e a natureza e o suxeito e obxecto. A súa filosofía do espírito integra conceptualmente a psicoloxía, o Estado, a historia, a arte, a relixión e a filosofía. A súa achega sobre a dialéctica do amo e do escravo influíu enormemente, especialmente na Francia do século XX. De salientábel importancia é o seu concepto de espírito (''Geitst'', ás veces traducido como «mente») como a manifestación histórica do concepto lóxico e a «sublimación» (''Aufhebung'' 'integración sen unha eliminación ou redución') de factores aparentemente contraditorios ou opostos; exemplos inclúen a aparente oposición entre a natureza e a liberdade e entre a inmanencia e transcendencia. Hegel foi visto no século XX como o creador da tríade da tese-antítese-síntese; porén, isto foi citado por primeira vez por Johan Gottlieb Fichte.

Hegel influíu unha chea de pensadores e escritores cuxas propias posicións varían notabelmente. Karl Barth describiu a Hegel como un «aquiniano protestante», mentres que Maurice Merleau-Ponty escribiu que: «Todas as grandes ideas filosóficas do século pasado —as filosofías de Marx e Nietzsche, a fenomenoloxía, o existencialismo alemán e a psicanálise— tiveron os seus comezos en Hegel». Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 21 for search 'Hegel, Georg Wilhelm Friedrich 1770-1831', tempo de consulta: 0.03s Limitar resultados