Ruth Bader Ginsburg

Cartel que mostra a Ginsburg como "the Notorious R.B.G." semellante ao rapeiro estadounidense [[The Notorious B.I.G. Ruth Joan Bader Ginsburg, nada en Brooklyn (Nova York) o 15 de marzo de 1933 e finada en Washington, D.C. o 18 de setembro de 2020, foi unha xuíza e xurista estadounidense que destacou especialmente polo seu traballo na loita pola igualdade legal entre homes e mulleres. Dende o 10 de agosto de 1993 e ata o seu pasamento foi xuíza da Corte Suprema dos Estados Unidos, nomeada polo presidente Bill Clinton. En 1972 fundou a sección de dereitos da muller na Unión Estadounidense polas Liberdades Civís.

Ginsburg mantivo unha alta popularidade nos Estados Unidos. Icona da cultura pop, recibiu o alcume de "Notorious R.B.G." e estaba considerada como un símbolo da resistencia pública e da xustiza. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 2 results of 2 for search 'Ginsburg, Ruth Bader,', tempo de consulta: 0.03s Limitar resultados