Kurt Gödel

Kurt Gödel, nado en Brünn o 28 de abril de 1906 e finado en Princeton, EUA, o 14 de xaneiro de 1978, foi un matemático austrohúngaro. O seu traballo máis famoso é o Teorema da Incompletitude, que afirma que calquera sistema axiomático suficiente para incluír a aritmética dos números enteiros non pode ser simultaneamente completo e consistente.

Isto significa que se o sistema é autoconsistente, entón existirán proposicións que non poderán ser nin probadas nin negadas por este sistema axiomático. E se o sistema fose completo, entón non se poderá validar a si mesmo, pois sería inconsistente. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 1 results of 1 for search 'Gödel, Kurt 1906-1978', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados