Marlene Dietrich

Marlene Dietrich asina un autógrafo a un soldado ferido dos Estados Unidos ([[Bélxica Marie Magdalene "Marlene" Dietrich, nada en Schöneberg, Berlín, o 27 de decembro de 1901 e finada en París o 6 de maio de 1992, foi unha actriz e cantante alemá. Dietrich mantívose na popularidade ó longo da súa carreira mediante a reinvención constante, tanto profesionalmente como persoalmente. No Berlín da década de 1920, actuou no teatro e en filmes mudos. Interpretou a Lola-Lola en ''Der blaue Engel'' (1930), dirixido por Josef von Sternberg, e acadou a fama internacional despois do contrato con Paramount Pictures nos Estados Unidos. Filmes de Hollywood como ''Shanghai Express'' (1932) e ''Desire'' (1936) capitalizaron o seu glamour e aparencia exótica, converténdose nunha das actrices mellor pagadas do seu tempo. Dietrich conseguiu a cidadanía estadounidense en 1939, e durante a segunda guerra mundial, foi artista na fronte. Malia que seguiu facendo filmes de xeito ocasional despois da guerra, Dietrich adicou os seus anos entre as décadas de 1950 e 1970 facendo xiras polo mundo como artista de espectáculos.

En 1999, o American Film Institute declarou a Dietrich a novena estrela feminina máis grande de tódolos tempos. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 1 results of 1 for search 'Dietrich, Marlene 1901-1992', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados