Zygmunt Bauman

Zygmunt Bauman, nado en Poznań o 19 de novembro de 1925 e finado en Leeds o 9 de xaneiro de 2017, foi un sociólogo, filósofo e ensaísta polaco de orixe xudía. A súa obra, que comezou na década de 1950, ocúpase, entre outras cousas, de cuestións como as clases sociais, o socialismo, o holocausto, a hermenéutica, a modernidade e a posmodernidade, o consumismo, a globalización e a nova pobreza. Desenvolveu o concepto da «modernidade líquida» e acuñou o termo correspondente. Xunto co tamén sociólogo Alain Touraine, Bauman recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades en 2010. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 13 results of 13 for search 'Bauman, Zygmunt, 1925-', tempo de consulta: 0.03s Limitar resultados