Hans von Bülow

Cartel para unha presentación da Orquestra e a Banda Militar de Hans von Bülow en [[Chicago Hans Guido Freiherr von Bülow, nado o 8 de xaneiro de 1830 en Dresde (daquela no Reino de Saxonia e actualmente en Alemaña) e finado o 12 de febreiro de 1894 no Cairo (Exipto), foi un pianista, director de orquestra e compositor alemán. Foi un dos máis famosos directores do século XIX, e a súa actividade foi fundamental para o establecemento do éxito dalgúns dos compositores máis importantes da época, especialmente Richard Wagner e Johannes Brahms. Xunto con Carl Tausig, Bülow foi quizais o máis destacado dos primeiros alumnos do virtuoso pianista húngaro, director e compositor Franz Liszt. Mantivo unha relación e casou coa filla de Liszt, Cosima, que máis tarde o deixaría por Wagner. Coñecido polas súas interpretacións das obras de Ludwig van Beethoven, foi un dos primeiros músicos europeos en realizar xiras polos Estados Unidos. Foi director da Berliner Philharmoniker entre 1887 e 1893. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 1 results of 1 for search 'Bülow, Hans von 1774-1825', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados