Gottfried Wilhelm Leibniz
Gottfried Wilhelm von Leibniz, nado en Leipzig o 1 de xullo de 1646 e finado en Hannover o 14 de novembro de 1716, foi un polímata filósofo, científico, matemático, diplomático e bibliotecario alemán, un dos grandes pensadores dos séculos XVII e XVIII, e recoñéceselle como o «último xenio universal», isto é, a última persoa que puido formarse suficientemente en todos os campos do coñecemento; despois xa só houbo especialistas. Realizou profundas e importantes contribucións nas áreas da metafísica, epistemoloxía, lóxica, filosofía da relixión, así como na matemática, física, xeoloxía, xurisprudencia e historia. Incluso Denis Diderot, o filósofo deísta francés do século século XVIII, cuxas opinións non poderían estar en maior oposición ás de Leibniz, non podía evitar sentirse sobrecollido ante os seus logros, e escribiu na ''Encyclopédie'': «Quizais nunca haxa un home que lese tanto, estudado tanto, meditado máis e escrito máis que Leibniz… O que elaborou sobre o mundo, sobre Deus, a natureza e a alma é da máis sublime elocuencia. Se as súas ideas fosen expresadas co olfacto de Platón, o filósofo de Leipzig non cedería en nada ao filósofo de Atenas».De feito, o ton de Diderot é case de desesperanza noutra observación, que contén igualmente moita verdade: «Cando un compara os seus talentos cos de Leibniz, un ten a tentación de tirar todos os seus libros e ir morrer silenciosamente na escuridade dalgún recuncho esquecido». A reverencia de Diderot contrasta cos ataques que outro importante filósofo, Voltaire, lanzaría contra o pensamento filosófico de Leibniz, consecuencia do aprecio que sentía por Newton e do desprezo que sentía polo optimismo en que desembocaba o seu sistema filosófico. A pesar de recoñecer a vastedade da obra deste, Voltaire sostiña que en toda ela non había nada útil que fose orixinal, nin nada orixinal que non fose absurdo e risible.
Ocupa un lugar igualmente importante tanto na historia da filosofía como na da matemática. De maneira independente ao traballo de Newton (quen o desenvolvera 10 anos antes pero non o publicara debido ao seu trauma pola crítica que unha vez lle fixera Robert Hooke) desenvolveu o cálculo infinitesimal e a súa notación que é a que se emprega desde entón. Tamén inventou o sistema binario, fundamento virtual de todas as arquitecturas das computadoras actuais. Foi un dos primeiros intelectuais europeos que recoñeceron o valor e a importancia do pensamento chinés e de China como potencia desde todos os puntos de vista.
René Descartes, Baruch de Spinoza e Leibniz integran a terna dos tres grandes racionalistas do século XVII. A súa filosofía vincúlase tamén coa tradición escolástica e anticipa a lóxica moderna e a filosofía analítica. Leibniz fixo así mesmo contribucións á tecnoloxía e anticipou nocións que apareceron moito máis tarde en bioloxía, medicina, xeoloxía, teoría da probabilidade, psicoloxía, enxeñería e ciencias da computación. As súas contribucións a esta vasta lista de temas recóllese en diarios e en decenas de miles de cartas e manuscritos inéditos. Ata o momento, non se realizou unha edición completa dos seus escritos, e por iso non é posible aínda facer un reconto integral dos seus logros.
Acredítaselle a creación do termo "función" (1694), que usou para describir unha cantidade relacionada cunha curva, como por exemplo a inclinación dunha curva ou un punto calquera dunha curva. En xeral, xunto con Newton, considérase a Leibniz como protagonista do desenvolvemento do cálculo moderno; en particular polo seu desenvolvemento do cálculo Integral e da regra do produto.
Demostrou xenialidade tamén nos campos da lei, relixión, política, historia, literatura, lóxica, metafísica e filosofía. Foi o primeiro en comprender que a anatomía da lóxica -as leis do pensamento- é un asunto de análise combinatoria. Na súa visión da existencia dunha “característica universal”, Leibniz atopábase dous séculos por diante, no que concirne á matemática e á lóxica. A unión nun único cerebro, da máis alta habilidade en dous amplos dominios do pensamento matemático, o analítico e o combinatorio, ou o continuo e o descontinuo, non ten precedentes nin antes nin despois de Leibniz. Foi o único home na historia da matemática, que tivo estas dúas calidades de pensamento nun grao superlativo. Provided by Wikipedia
21
Publicado: 1932
Superior document: Filosofická bibliotéka / vyd. 1. Třídou České Akademie Věd a Umění : Řada 2 7
22
Publicado: 1971
Superior document: Leibniz-Faksimiles Bekanntes und Unbekanntes aus seinem Nachlaß B
23
Publicado: [2018]
Superior document: Title is part of eBook package: De Gruyter DG Plus DeG Package 2019 Part 1
Links: Ligazón do recurso; Ligazón do recurso; Cover
24
Publicado: 2006.
Superior document: Continuum impacts
25
26
Publicado: c2005.
Superior document: The Yale Leibniz
27
Publicado: c2011.
Superior document: The Yale Leibniz
28
29
30
31
Publicado: [2022]
Superior document: Title is part of eBook package: De Gruyter University of Hawaii Press Archive eBook-Package Pre-2000
Links: Ligazón do recurso; Ligazón do recurso; Cover
32
Publicado: [2020];, [1908]
Superior document: Title is part of eBook package: De Gruyter DGBA Theology and Religious Studies <1990
Links: Ligazón do recurso; Ligazón do recurso; Cover
33
Publicado: 1978
Superior document: University of California publications in linguistics 88
34
Publicado: 1869
Superior document: Archiv für österreichische Geschichte 40,1
35
Publicado: 1854
Superior document: Sitzungsberichte der philosophisch-historischen Classe der Kaiserlichen Akademie der Wissenschaften 13,[6]
36
Publicado: [2016]
Superior document: Title is part of eBook package: De Gruyter EBOOK PACKAGE Arts 2016
Links: Ligazón do recurso; Cover
37
Publicado: [2011]
Superior document: Title is part of eBook package: De Gruyter DGBA Linguistics and Semiotics - <1990
Links: Ligazón do recurso; Ligazón do recurso; Cover
38
Publicado: [2014]
Superior document: Title is part of eBook package: De Gruyter DGBA Classics and Near East Studies <1990
Links: Ligazón do recurso; Ligazón do recurso; Cover